Tortullo

especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae
(Redirección desde «Tricholoma portentosum»)
Tortullo
Clasificación científica
Reino: Fungi
Filo: Basidiomycota
Clase: Basidiomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Tricholomataceae
Xénero: Tricholoma
Especie: T. portentosum
Nome binomial
'Tricholoma portentosum'
(Fr.) Quél. 1821
Sinonimia

Agaricus portentosum Fr. 1821
Gyrophila portentosa (Fr.) Quél. 1886
Melanoleuca portentosa (Fr.) Murrill 1914

O tortullo[1] (Tricholoma portentosum) é unha especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae.[2][3] O corpo frutífero abrolla polo outono e a comezos do inverno asociado a bosques de coníferas e faiais.[4] En Galiza o apoxeo dáse en novembro e comezos de decembro[5].

Ten un parente achegado que é tóxico: o tortullo dos cabaleiros (Tricholoma equestre), que até hai pouco era apreciado, pero trala morte de dúas persoas por miopatía, pasou a se considerar tóxico.

Morfoloxía do basidioma editar

Presenta un chapeu cun diámetro de 5 a 15 cm, de forma de campá ou chata, coa cutícula viscosa de cor cinsenta escura, algo máis clara nas marxes.[2] As lamelas, escotadas, e a estipe son de cor branca cinsenta con reflexos amarelos.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tortullo.
  2. 2,0 2,1 Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y Los Valles. "Tricholoma portentosum (Fr.) Quél.". ADISAC-LA VOZ. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  3. Menéndez Valderrey, J. L. (13 de decembro de 2009). "Tricholoma portentosum (Fr.) Quél.". Asturnatura.com. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  4. Jiménez, J. "Tricholoma portentosum". Asociación Micológica El Royo. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  5. Agrupación Micolóxica de galicia - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar