Tricholoma

xénero de fungos

O xénero Tricholoma, as tricolomas, contén un gran número de cogomelos da orde Agaricales. Os seus corpos frutíferos adoitan ser carnosos e de esporada branca, e a súa distribución mundial, medrando xeralmente en áreas boscosas. Son fungos ectomicorrizos, que se desenvolven en simbiose con varias especies de coníferas e outras árbores. O nome xenérico deriva do grego τριχος "pelo" e λομα "flocos", aínda que só unhas poucas especies (como T. vaccinum) teñen chapeus vilosos que se axusten a esa descrición.

Algunhas especies ben coñecidas son do leste de Asia (Tricholoma matsutake, o matsutake), e de América do Norte (Tricholoma magnivelare, o matsutake americano). Algunhas son bos comestíbeis, mais outras son velenosas (T. pardinum, T. tigrinum, T. equestre).

En Galiza son comúns o tortullo, o ratiño e o cogomelo dos cabaleiros.

Moitas especies orixinalmente descritas dentro de Tricholoma foron trasladadas a outros xéneros. Isto inclúe o pé azul (Lepista nuda) (antes Tricholoma nudum), Lepista personata (antes Tricholoma personatum) ou Calocybe gambosa (antes Tricholoma gambosum).

Lista de especies editar

 
T. fulvum
 
T. lascivum
 
T. scalpuratum
 
T. sulphureum
 
Ratiño (T. terreum ou T. myomyces)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marcel Bon : The Mushrooms and Toadstools of Britain and North-western Europe (Hodder & Stoughton 1987). ISBN 0-340-39935-X
  • Régis Courtecuisse, Bernard Duhem : Guide des champignons de France et d'Europe (Delachaux & Niestlé, 1994-2000). ISBN 2-603-00953-2