Trichodes alvearius

Trichodes alvearius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Cleroidea
Familia: Cleridae
Subfamilia: Clerinae
Xénero: Trichodes
Especie: Trichodes alvearius
(Fabricius, 1792)
Sinonimia
  • Clerus alvearius Fabricius, 1792

Trichodes alvearius é unha especie de escaravello da familia Cleridae, subfamilia Clerinae.

Un Trichodes alvearius engalando dunha flor de Centaurea, mostrando as súas rechamantes cores de advertencia.

Descrición editar

Trichodes alvearius é un escaravello moi peludo de cabeza e escutelo negros. Os élitros alongados mostran unha cor vermella brillante con bandas negras. Esta especie pode distinguirse doadamente do seu conxénere Trichodes apiarius pola banda negra no medio do dorso (ao longo da beira interna dos élitros) e o ápice vermello, non alcanzado pola mancha negra terminal. Non voa facilmente, confiando na súa coloración de advertencia para protexerse dos predadores.

Distribución editar

Están amplamente distribuídos polo sur de Europa en Albania, República Checa, Italia, Grecia, Francia, Alemaña, Hungría, Polonia, España, Suíza, a metade oeste dos Balcáns e o norte de África. A especie extinguise en Inglaterra no século XIX.[1]

Ciclo vital editar

No estadio larvario son parasitos de varias especies de abellas e avespas, xa que os adultos poñen ovos preto dos niños ou colmeas de himenópteros (de aí o seu nome “alvearius”, 'das colmeas de abellas'), alimentándose de varios estadios das súas vítimas.

Os adultos poden encontrarse desde maio a agosto sobre as flores, principalmente especies de Apiaceae, Asteraceae e Crataegus, alimentándose de pole. Porén, inclúen na súa dieta pequenos insectos que cazan activamente, especialmente especies de Oedemera, Psilothrix, Stenopterus e Clytus.

Notas editar

  1. "Lost Life". Species Recovery Trust. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.