Travesti Afgano

banda galega de post-punk

Travesti Afgano é unha banda de post-punk galega baseada en Lérez, Pontevedra, formada no ano 2012 por membros de Lobishome e Metralletas Lecheras.[1] Ata a data levan publicados dous álbums, Jefes de Julais (2015) e Nos vale madre (2017), un EP Yo se la chupé a Mark E. Smith (2013), e un disco compartido con Monstruo, Split TRVST​/​MNSTR (2015).[2]

Travesti Afgano
OrixeLérez, Pontevedra, Galicia Galicia
Período2012-presente
Xénero(s)post-punk, garage rock, punk rock, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Seara Records, PORNO, Mama Vynila Records, Discos Anormales, Producciones Esporádicas, Pelgar
MembrosRafa Anido
Luismi González
Marcos Martínez
Camilo
Na rede
Bandcamp

Historia editar

A idea de formar Travesti Afgano xorde tras un concerto de Lobishome en 2012. Nunca conversa entre Luismi González (Lobishome) e Rafa Anido (Metralletas Lecheras), os dous falaron de iniciar un novo proxecto debido ao parón da banda de Anido. A eles uníuse o baixista de Lobishome, Marcos Martínez, encargándose da batería.[1]

Despois duns poucos ensaios a banda xa tiña compostos varios temas que gravaron con Manu G. Sanz (Selvática, Indómitos) en Tomiño para converterse no EP Yo se la chupé a Mark E. Smith, editado en casete en xullo de 2013 a través do selo Seara Records.[1][3]

Travesti Afgano converteuse en cuarteto coa entrada de Camilo, tamén membro de Metralletas Lecheras, ocupando a batería, pansando Marcos Martínez a tocar o baixo.[1] En novembro de 2014 gravaron o seu primeiro álbum con Ibán Terraforma en Terraforma Estudios, no Hío, Cangas. O disco, titulado Jefes de Julais foi publicado en decembro de 2015 a través do selo Mama Vynila Records.[4] Ese mesmo ano, no mes de marzo, tamén lanzaron o casete compartido Split TRVST​/​MNSTR coa banda Monstruo.[5]

En xuño de 2017 a banda publicou o seu segundo álbum, Nos vale madre, gravado tamén en Terraforma Estudios e producido e mesturado por Manu G. Sanz. O disco foi lanzado polos selos Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales e Producciones Esporádicas.[6] O traballo está formado por once temas orixinais e dúas versións, "La polla de Hitler" de Angry Samoans e "Golden Apples" de Country Teasers.[7]

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
Yo se la chupé a Mark E. Smith 2013 Seara Records EP
Split TRVST​/​MNSTR 2015 PORNO Disco compartido con Monstruo
Jefes de Julais 2015 Mama Vynila Records
Nos vale madre 2017 Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales, Producciones Esporádicas, La Camelia

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Travesti Afgano". La Fonoteca. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  2. "Travesti Afgano". Galician Tunes. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  3. "Yo se la chupé a Mark E. Smith by Travesti Afgano". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  4. "Jefes de Julais by Travesti Afgano". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  5. Bandcamp (ed.). "Split TRVST/MNSTR por Travesti Afgano". Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  6. "Nos vale madre by Travesti Afgano". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  7. "Nos vale madre - Travesti Afgano". Rockdelux. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar