Indómitos foi unha banda galega de noise rock fundada en Glasgow polos vigueses Daniel Nicolás (voz e baixo) e Paula Vilas (voz e batería), aos que se lles uniu Manu G. Sanz (guitarra). O grupo separaríase con só dous anos de historia tras publicar un único álbum. Os seus membros posteriormente iniciarían outros proxectos musicais como fantasmage e Selvática.

Indómitos
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2008 - 2010
Xénero(s)noise rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s)El Beasto, Discos de Kirlian
MembrosDaniel Nicolás
Manu G. Sanz
Paula Vilas
Artistas relacionadosfantasmage, Selvática

Historia editar

A banda formouse a principios do ano 2008 en Glasgow, onde traballaban Daniel Nicolás e Paula. Indómitos comezou a tocar e pubs da cidade e gravou un álbum.[1] Tras regresar a Galiza ese mesmo ano editaron o álbum Indómitos no mes de decembro a través do selo galego El Beasto.[2][3]

No ano 2010 colaboraron co tema "Crímenes del futuro" no álbum recompilatorio de bandas galegas Galician Bizarre.[4] Ese mesmo ano a banda separaríase.[2]

Tras a disolución de Indómitos Daniel Nicolás formou Fantasmage en Vigo, mentres Manu e Paula marcharon ao Brasil onde comezaron un novo proxecto chamado Selvática.[2]

No ano 2015 o selo Discos de Kirlian publicou Demos 2008-2010, dez cancións gravadas por Manu no seu estudio caseiro coa axuda de Paula.[1]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo Notas
Indómitos 2008 El Beasto álbum
Demos 2008-2010 2015 Discos de Kirlian demos

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "DK26 Demos 2008-2010, by Indómitos". discosdekirlian. Consultado o 2020-04-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Biografía de Indómitos - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-25. 
  3. "Indómitos, by Indómitos". Indómitos. Consultado o 2020-04-25. 
  4. "Galician Bizarre, by VV.AA". VV.AA. Consultado o 2020-04-25.