Tratado de Bucarest de 1916

O Tratado de Bucarest foi un tratado internacional asinado entre as Potencias do Acordo e o Reino de Romanía, en Bucarest, capital deste último país, o 17 de agosto de 1916, no marco da primeira guerra mundial.[1]

Precedentes editar

En 1915 o Tenente Coronel Cristopher Thompson, un falante fluído de francés, foi enviado a Bucarest como o agregado militar británico de Horatio Kitchener para conseguir a entrada de Romanía na guerra. Con todo, ao chegar ao país, axiña observou que Romanía estaba mal preparada no tocante ao que a armamento se refire e que se entraba na guerra, debería afrontar unha guerra en tres frontes: contra o Imperio Austrohúngaro, contra o Imperio Otomán e contra Bulgaria. Por iso, Romanía representaba máis unha responsabilidade ca un activo para os Aliados. Malia as deficiencias romanesas, estas pasaron a un segundo plano e asinouse unha Convención Militar con Romanía o 13 de agosto de 1916.[2] Thompson púxose á fronte da Misión Militar Británica.

Tratado editar

O tratado estaba formado por dúas partes: un tratado político e unha convención militar.[1]

No tratado político, o Acordo recoñecía o dereito de Romanía a incorporar Transilvania, Crişana e Maramureş, Bucovina e o Banato e a ser tratado con igualdade aos seus aliados nas conferencias de paz.

A convención militar estableceu que Romanía debía atacar ao Imperio Austrohúngaro polo sur, mentres que Rusia iniciaba unha ofensiva na fronte oriental para apoiar a incursión romanesa en Transilvania. O Comandante en Xefe ruso comprometeuse a enviar dúas divisións de infantaría e unha de cabalaría a Dobruia para protexer a retagarda romanesa dun posible ataque búlgaro.[3]

Franceses e británicos, pola súa banda, prometeron iniciar unha ofensiva na fronte de Tesalónica para provocar unha retirada búlgara.[1]

Cesións territoriais editar

Como compensación, en canto a guerra concluíse, Romanía recibiría os seguintes territorios:

  • Transilvania, Crişana e Maramureş, territorios controlados por Hungría mais de poboación maioritariamente romanesa e con minorías húngaras e alemás.
  • O Banato, controlado por Hungría, e de poboación maioritariamente romanesa mais con minorías alemás, serbias e húngaras.
  • Bucovina, territorio controlado por Austria con poboación romanesa e ucraína.

Notas editar


Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Constantin Kiriţescu, "Istoria războiului pentru întregirea României: 1916-1919", 1922, páx. 179
  2. Masefield, Sir Peter G: To Ride the Storm: The Story of the Airship R.101, pages 16-17 (1982, William Kimber, London) ISBN 0-7183-0068-8
  3. Kiriţescu, páx. 180