O Trambaix é a denominación que recibe a rede de tranvía xestionada por Trammet que conecta o Baix Llobregat con Barcelona (distrito de Les Corts) e transporta unha media de 50.000 viaxeiros por día laborable. Abriu ao público o 3 de abril de 2004 nun fin de semana de portas abertas durante o cal os cidadáns podían usalo libremente.

O Trambaix

Ten un total de tres rutas denominadas T1, T2 e T3 que empezan o percorrido na plaça de Francesc Macià en Barcelona e diríxense cara a L'Hospitalet de Llobregat, Esplugues de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Joan Despí e Sant Just Desvern. A rede ten unha lonxitude de 15'1 km en vía dobre, 29 paradas e 3 intercambiadores.[1]

O tranvía circula por unha plataforma reservada, salvo os cruces con outros viarios, e dunha regulación semafórica que podería facer superar os 20 km/h de velocidade comercial. Actualmente a media de todos os servizos ten unha velocidade comercial de 18 km/h, por diante dos 12 km/h dos autobuses urbanos, e inferior a 29 km/h do metro de Barcelona.

Percorrido editar

As tres liñas do Trambaix teñen un tramo común entre Francesc Macià e Montesa. En Montesa a T3 bifúrcase cara a Sant Feliu|Consell Comarcal pasando por Hospital Sant Joan Despí-TV3 (antes Sant Martí de l'Erm). A T1 e a T2 comparten un tramo desde o Pedró ata a finalización da T1 en Bon Viatge e a T2 segue ata finalizar o seu percorrido en Llevant-les Planes (antes Sant Martí de l'Erm).

Correspondencias con outros transportes
Estación Correspondencia Liñas Tipo de enlace
Maria Cristina           directo
Palau Reial           directo
Zona Universitària               próximo
Avinguda de Xile             en obras
Ernest Lluch           en obras
Can Rigal           próximo (5 min)
Cornellà Centre    
     
    directo
La Fontsanta         próximo
 
Mapa do Trambaix.

Notas editar

  1. "TRAM" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar