Trímetro iámbico

O trímetro iámbico é un tipo de verso nado na poesía grega que se basea no iambo (∪ —) e que consta de tres metros iámbicos que adoptan o seguinte esquema:

X — ∪ — |X — ∪ — |X — ∪ — |

É unha estrutura fixa e inflexíbel nos iambógrafos arcaicos; pero no drama e sobre todo na comedia, podemos asistir a substitucións e resolucións:

∪ ― (iambo) pode ser substituído por ∪ ∪ ∪ (tríbraco).
― ― (espondeo) por ∪ ∪ ― (anapesto) ou por ― ∪ ∪ (dáctilo) e ∪ ∪ ∪ ∪ (proceleusmático).

Ademais, pode presentar as cesuras trihemímera, pentemímera e heptemímera, pero nunca diérese.

No trímetro iámbico cúmprese a Lei de Porson, é dicir, se o verso termina en palabra trisílaba e a esta a precede unha palabra polisílaba, a última sílaba desta (a penúltima palabra) debe ser sempre breve.

Foi utilizado en primeiro lugar na lírica iambógrafa grega do s. -VII, pero con posterioridade este tipo de versificación será adoptado tamén polas partes recitadas dos xéneros teatrais, a comedia grega e a traxedia grega.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar