Touro salvaxe

filme de 1980 dirixido por Martin Scorsese

Touro salvaxe (en inglés: Raging Bull), é un filme estadounidense de 1980 dirixido por Martin Scorsese e baseado no libro Raging Bull: My Story do boxeador Jake La Motta. Robert De Niro interpreta o boxeador de peso mediano cunha rabia sadomasoquista, celos sexuais e apetito brutal que exceden os límites do cuadrilátero e destrúen a súa relación coa súa esposa e a súa familia. Joe Pesci interpreta a Joey, irmán e director de LaMotta que o axuda a loitar contra si mesmo, e Cathy Moriarty interpreta a súa esposa. O filme foi candidato a oito premios Oscar e conseguiu dous, mellor montaxe e mellor actor.[3]

Touro salvaxe
Ficha técnica
Título orixinalRaging Bull
DirectorMartin Scorsese
ProdutorIrwin Winkler
Robert Chartoff
GuiónPaul Schrader
Mardik Martin
Baseado enRaging Bull: My Story de Jake LaMotta
Joseph Carter
Peter Savage
IntérpretesRobert De Niro
Joe Pesci
Cathy Moriarty
FotografíaMichael Chapman
MontaxeThelma Schoonmaker
EstudioUnited Artists
Estrea14 de novembro de 1980
Duración129 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento18 millóns de dólares[2]
Recadación23,4 millóns de dólares (Norteamérica)[2]
Na rede
IMDB: tt0081398 Filmaffinity: 789039 Allocine: 950 Rottentomatoes: m/raging_bull Mojo: ragingbull Allmovie: v40104 TCM: 19525 Metacritic: movie/raging-bull TV.com: movies/raging-bull Netlix: 70020699Editar o valor em Wikidata

Touro salvaxe está considerado un dos mellores filmes da historia do cinema estadounidense[4] e foi elixido en varias listaxes dos mellores filmes polo American Film Institute.[5]

En 1990 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[6]

Foi emitido na TVG o 12 de xaneiro de 1991.[7]

Argumento editar

Jake LaMotta é un mozo boxeador italoestadounidense que adestra arduamente para chegar a ser o número un nos pesos medios. Coa axuda do seu irmán, Joey, verá ese soño feito realidade moito despois. Con todo, a fama e o éxito só conseguen empeorar as cousas. O seu matrimonio vai cada vez peor debido á súa vida clandestina con outras mulleres, aos celos sexuais e as infidelidades da súa esposa por vinganza, e por outra banda a mafia presiónao para que os seus combates estean amañados.

Elenco editar

Notas editar

  1. "RAGING BULL". British Board of Film Classification. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Raging Bull (1980) – Financial Information". The Numbers. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. "The 53rd Academy Awards (1981) Nominees and Winners". oscars.org (en inglés). 
  4. "20 greatest American movies of all time". The Washington Times (en inglés). xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. 
  5. "AFI's 100 greatest American movies of all time". American Film Institute (en inglés). 16 de xuño de 1998. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. 
  6. Gamarekian, Barbara (19 de outubro de 1990). "Library of Congress Adds 25 Titles to National Film Registry" (en inglés). The New York Times. 
  7. La Voz de Galicia, 12 de xaneiro de 1991. Páx. 70

Véxase tamén editar

Bibliografía editar