Touro (astroloxía)

segundo signo astrolóxico do zodíaco

Touro[1] ou Tauro[2] (♉︎) é o segundo signo astrolóxico do zodíaco e o primeiro de calidade fixa e negativa.[3][4] Segundo a astroloxía occidental, este signo está rexido polo planeta Venus, terra e natureza, inflúe e presenta calidades semellantes á lealdade no contexto da calidade afectiva. O seu signo oposto e complementario á vez é Escorpión.[5]

Touro
Taurus.svg
Taurus2.jpg
Símbolo zodiacalO touro
Duración (Tropical)21 de abril - 20 de maio (2020, UTC)
Duración (Sideral, hindú)14 de maio - 14 de xuño (2020, UTC)
ConstelaciónTaurus
ElementoTerra
Calidade zodiacalFixo
DomicilioVenus
DetrimentoPlutón e Marte
ExaltaciónLúa
CaídaUrano
editar datos en Wikidata ]

Touro (xunto cos signos Virxe e Capricornio) pertence ó elemento terra.[6] O seu símbolo está representado por un círculo con cornos que fai referencia á testa dun touro ou dunha vaca. Aínda que existen moitas versións de como puido xurdir este símbolo, a máis popular é a do Touro de Creta, unha iracunda besta mítica que habitaba naquela illa, sendo tamén a forma que adoptou Zeus cando raptou a Europa. Dende un punto de vista arquetípico, Touro estaría estreitamente relacionado co planeta Mercurio

En astroloxía occidental pertencen a este signo os que nacen dende o 20 de abril até o 21 de maio.[7]

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Touro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tauro.
  3. Kwak, Hyokjin; Jaju, Anupam; Zinkhan, George M. (2015). Spotts, Harlan E., ed. "Astrology: Its Influence on Consumers’ Buying Patterns and Consumers’ Evaluations of Products and Services". Proceedings of the 2000 Academy of Marketing Science (AMS) Annual Conference. Developments in Marketing Science: Proceedings of the Academy of Marketing Science (en inglés) (Springer International Publishing): 95. ISBN 9783319118857. doi:10.1007/978-3-319-11885-7_25. Consultado o 14 de novembro de 2019. [Ligazón morta]
  4. Campagnola, Katarina (2010). Astrology in the field of psychology: A study on Jung's typology and the four astrological elements. p. 16. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  5. Silverman, Bernie I. (1 de marzo de 1971). "Studies of Astrology". The Journal of Psychology 77 (2): 141–149. ISSN 0022-3980. doi:10.1080/00223980.1971.9916861. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  6. Mitchell, V.-W. (1995). "Using astrology in market segmentation". Management Decision (en inglés): 53. ISSN 0025-1747. doi:10.1108/00251749510075383. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  7. Tatum, J. B. (2010). "The Signs and Constellations of the Zodiac". Journal of the Royal Society of Canada. Consultado o 13 de novembro de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar