Virxe (astroloxía)

En astroloxía, Virxe[2] ou Virgo[3] (♍︎) é o sexto signo do zodíaco, o terceiro de natureza negativa (nocturna, pasiva, yin, feminina) e de calidade mutábel.[4][5] Simboliza o traballo e o seu símbolo representa unha virxe, pertence xunto a Tauro e Capricornio ó elemento terra.[6] Está rexido por Mercurio.[7]

Virxe
Símbolo zodiacalVirxe
Duración (Tropical)23 de agosto - 22 de setembro[1] (2024, UTC)
Duración (Sideral, hindú)18 de setembro - 17 de outubro (2024, UTC)
ConstelaciónVirgo
ElementoTerra
Calidade zodiacalMutable ou duplo
DomicilioMercurio, Chiron e Pallas
DetrimentoNeptuno e Xúpiter
ExaltaciónMercurio
CaídaVenus
editar datos en Wikidata ]

Dado que o seu símbolo está representado por unha muller, foi identificada con varias deusas tales coma Artemisa e mesmo comparada con Afrodita. Para os romanos representaba a Ceres, a deusa da agricultura, as colleitas e a fecundidade, quen posúe unha espiga na súa man, de aí o nome da estrela Spica que pertence a esta constelación. Considérase que alguén é do signo Virxe cando nace entre o 22 ou 23 de agosto e o 22 ou 23 de setembro[8] segundo o zodíaco tropical ou entre o 17 de setembro e 17 de outubro segundo o zodíaco sideral. O seu oposto e compatíbel é Pisces.[9]

Mitoloxía editar

Na mitoloxía grega, a constelación de Virxe é a representación de Astrea, unha titánide, filla de Zeus e Temis, quen era a deusa virxe que levaba os raios de Zeus nos seus brazos. Foi tamén a derradeira inmortal que viviu entre os humanos durante a Idade dourada de Cronos, abandonando a Terra en último lugar cando esta se envileceu na Idade de Bronce. Zeus subiuna ó ceo, situándoa entre as estrelas como a constelación Virxe, e a balanza da xustiza que levaba nas mans converteuse na próxima constelación Libra. A recompensa pola súa lealdade cara a Zeus pode ser o permiso para conservar a súa virxindade (é a única virxe entre todas as Titánides) e un lugar entre as estrelas como a constelación Virxe (pois aínda que nacera coma unha deusa das estrelas, presumibelmente ó principio non era máis que unha sinxela estrela, coma os seus irmáns).

Notas editar

  1. Poinsot 2015«Virgo.—From 23rd August to 22st September inclusive»
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para virxe.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para virgo.
  4. Kwak, Hyokjin; Jaju, Anupam; Zinkhan, George M. (2015). Spotts, Harlan E., ed. "Astrology: Its Influence on Consumers’ Buying Patterns and Consumers’ Evaluations of Products and Services". Proceedings of the 2000 Academy of Marketing Science (AMS) Annual Conference. Developments in Marketing Science: Proceedings of the Academy of Marketing Science (en inglés) (Springer International Publishing): 95. ISBN 9783319118857. doi:10.1007/978-3-319-11885-7_25. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  5. Campagnola, Katarina (2010). Astrology in the field of psychology : A study on Jung's typology and the four astrological elements. p. 16. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  6. Mitchell, V.-W. (1995). "Using astrology in market segmentation". Management Decision (en inglés): 53. ISSN 0025-1747. doi:10.1108/00251749510075383. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  7. Naz, R (2006-5). "Can astrological patterns predict fertility?". Sexuality, Reproduction and Menopause (en inglés) 4 (1): 33–37. doi:10.1016/j.sram.2006.03.009. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  8. Tatum, J. B. (2010). "The Signs and Constellations of the Zodiac". Journal of the Royal Society of Canada. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  9. Silverman, Bernie I. (1 de marzo de 1971). "Studies of Astrology". The Journal of Psychology 77 (2): 141–149. ISSN 0022-3980. doi:10.1080/00223980.1971.9916861. Consultado o 15 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar