Torso de Belvedere
O torso de Belvedere é un anaco da estatua dun espido masculino asinado polo escultor ateniense Apolonio de Atenas. A estatua foi descuberta no Campo de' Fiori (campo das flores) durante o papado de Xulio II (1503-1513). Críase que se trataba dun orixinal do século I a.C., mais na actualidade estímase que se trata dunha copia dunha estatua máis antiga, probablemente datada no século II A.C. A estatua representaría a esta figura humana sobre un animal, aínda que a quen representa exactamente aínda se discute: é posible que sexa Hércules, Polifemo ou Marsias, entre outros. A retorcida pose do torso e a súa extraordinariamente ben representada musculatura tivo un grande influencia en posteriores artistas (incluídos Miguel Anxo e Rafael Sanzio) do Renacemento, Manierismo e Barroco.
Na actualidade a estatua forma parte da colección do museo Pío-Clementino dos Museos Vaticanos. O nome de "Belvedere" deriva do Cortile do Belvedere patio de Belvedere onde a estatua foi inicialmente exposta. O torso non debe ser confundido co tamén famoso Apolo de Belvedere da mesma colección.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torso de Belvedere |