Apolonio de Atenas
Apolonio, fillo de Néstor, foi un escultor grego de Atenas, que viviu no século I a.C.
Apolonio de Atenas | |
---|---|
Nacemento | século I a. C. |
Lugar de nacemento | Atenas |
Falecemento | século I a. C. |
Ocupación | escultor |
Coñecido por | Torso de Belvedere |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Obras Editar
Atribúenselle dúas obras: o Torso do Belvedere (Museos Vaticanos) e o Puxilista de bronce (Roma, Museo Nacional), atribuída ao autor por razóns estilísticas.
É o creador do famoso Torso do Belvedere , hoxe no Museo Pío-Clementino, un dos Museos do Vaticano. A estatua foi descuberta no que foron os xardíns do Teatro de Pompeio, no Campo de' Fiori (campo das flores) durante o papado de Xulio II (1503-1513). A designación desta escultura como representación de Hércules foi dada por Winckelmann (probablemente erroneamente), se ben a interpretación como "un heroe" é máis aproximada.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apolonio de Atenas |