Milímetro de mercurio
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión.
O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos). Até 1954 ambas unidades eran iguais, mais tras a redefinición ese ano do torr pola CIPM hai unha diferenza mínima entre elas:
- 1 Torr = 0.999 999 857 533 699... mmHg
- 1 mmHg = 1.000 000 142 466 321... Torr
Debido a que a atmosfera estándar estaba definida cuantitativamente no Sistema Internacional de Unidades —como unidade auxiliar, xa que a oficial é o pascal (Pa)—, o torr definiuse exactamente como 101325/760 Pa. Na edición do 2006 do SI, o torricelli desapareceu, aínda que o seu uso é relativamente frecuente en medidas de baixa presión, mais a unidade de presión recomendade é o pascal.