Torre de Alarma de Barciela

construción militar na Barciela (Castrelo, Forcarei)
(Redirección desde «Torre vella de Barciela»)

Coordenadas: 42°33′38.9″N 8°21′56.4″O / 42.560806, -8.365667 A Torre de Alarma de Barciela, Torre de Alarma de Castrelo,[1] Torre vella de Barciela ou, simplemente, Torre de Barciela é unha construción do século XV situada no lugar da Barciela, parroquia de Santa Mariña de Castrelo do concello pontevedrés de Forcarei, na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

Torre de Barciela

Descrición editar

É unha torre de planta cuadrangular dividida en tres corpos cunha escaleira arredor polo exterior do acceso. No primeiro corpo hai unha fornalla de arco semicircular de grandes doelas; o segundo corpo parte dunha plataforma de chegada ás escaleiras onde se facían os sinais luminosos e forma unha especie de espadana con arco de medio punto situado xa no terceiro corpo, rematando un pequeno frontal con beiral e un pináculo na cima.[2]

Foi declarada Ben de Interese Cultural co código (R.I.)-51-0008964-00000.

Notas editar

  1. Torre de Alarma de Castrelo en Turgalicia.
  2. Plan Xeral de Ordenación Municipal de Forcarei Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Boletín Oficial de Pontevedra, n.º 136 de 17-6-2002.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar