Torre de Alarma de Barciela
Coordenadas: 42°33′38.9″N 8°21′56.4″O / 42.560806, -8.365667 A Torre de Alarma de Barciela, Torre de Alarma de Castrelo,[1] Torre vella de Barciela ou, simplemente, Torre de Barciela é unha construción do século XV situada no lugar da Barciela, parroquia de Santa Mariña de Castrelo do concello pontevedrés de Forcarei, na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
DescriciónEditar
É unha torre de planta cuadrangular dividida en tres corpos cunha escaleira arredor polo exterior do acceso. No primeiro corpo hai unha fornalla de arco semicircular de grandes doelas; o segundo corpo parte dunha plataforma de chegada ás escaleiras onde se facían os sinais luminosos e forma unha especie de espadana con arco de medio punto situado xa no terceiro corpo, rematando un pequeno frontal con beiral e un pináculo na cima.[2]
Foi declarada Ben de Interese Cultural co código (R.I.)-51-0008964-00000.
NotasEditar
- ↑ Torre de Alarma de Castrelo en Turgalicia.
- ↑ Plan Xeral de Ordenación Municipal de Forcarei Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Boletín Oficial de Pontevedra, n.º 136 de 17-6-2002.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Boga Moscoso, R.. Guía dos Castelos medievais de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5