Pazo de Cañás

pazo en Vista Real (Cañás, Carral)
(Redirección desde «Torre de Pardo Bazán»)

O pazo de Cañás ou torre de Pardo Bazán era unha construción situada no lugar de Vista Real, parroquia de Cañás, no concello de Carral. Actualmente non queda ningún resto desta edificación.[1]

Pazo de Cañás
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A orixe desta casa está relacionada da herdanza de Juan Cotón, reitor de San Xoán Apóstolo en Santiago. No seu testamento do 28 de xullo de 1615, deixoullo aos fillos do seu sobriño Andrés Pensado e a súa muller María de Andrade. Nese mesmo ano debeu de morrer Juan Cotón, e Andrés Pensado e a súa muller administran os bens desta herdanza ata a súa morte.

Joaquina Ribera Pardo (1778-1849), bisavoa de Emilia Pardo Bazán, naceu no pazo e herdouno. Despois pasou a mans da súa segunda filla, Joaquina Mosquera Ribera (†1848), que casou en primeiras nupcias con Miguel Pardo Bazán (†1839), e despois de enviuvar, casou de novo con Juan Rey Perfume (†1848).[2]

En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural, co código RI-51-0008834.[3]

Notas editar

  1. Catálogo do PXOM do concello de Carral. 2016.
  2. Xosé Ramón Barreiro, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez: "La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado" La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, ISSN 1697-0810, n.º 8, 2010-2011, p. 15-56.
  3. Consultas da Base de datos de BICs do Ministerio de Cultura

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar