Miguel Pardo Bazán

militar e político galego

Miguel Pardo Bazán de Mendoza Castro, nado en Cambados o 5 de agosto de 1784 e finado en 1839, foi un militar e político galego.

Miguel Pardo Bazán
Nacemento5 de agosto de 1784
Lugar de nacementoCambados
Falecemento1839
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosJosé Pardo Bazán
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Probas de limpeza de sangue, 1806.[1]

Formou parte do Batallón Literario durante a Guerra de Independencia e acadou o grao de tenente coronel. Presidiu a primeira Xunta de Censura (1810) e formou parte no trienio liberal da Deputación da Coruña. En 1821 asinou unha denuncia contra o goberno pola falta de liberdade de prensa e foi deputado nas Cortes por Pontevedra (1834-1836) e A Coruña (1836-1837).

Casou en setembro de 1821 con Joaquina Mosquera Ribera[2], nada en 1805, e tiveron cinco fillos: Adelaida (1823); Gonzalo (1824); José (1827, que foi pai de Emilia Pardo Bazán); Demetrio (1829) e Laurenao (1839). O único que sobreviviría ao pai sería José, que herdaría tódolos vínculos e morgados.[3]

Notas editar

  1. Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
  2. DE ODRIOZOLA RICO-AVELLO, CARLOS (2017). "Los Mosquera, Señores de Bentrances, Marqueses de Aranda y Guimarey. La familia inmediata de Doña Emilia Pardo Bazán". La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. 
  3. Xosé Ramón Barreiro, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez: "La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado" La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, ISSN 1697-0810, n.º 8, 2010-2011, p. 15-56.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar