Torre de Alarma de Barciela
A Torre de Alarma de Barciela, Torre de Alarma de Castrelo,[1] Torre vella de Barciela ou, simplemente, Torre de Barciela é unha construción do século XV situada no lugar da Barciela, parroquia de Santa Mariña de Castrelo do concello pontevedrés de Forcarei, na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Torre de Alarma de Barciela | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | monumento e torre ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Forcarei | |||
Parroquia | Castrelo | |||
Lugar | A Barciela ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008964 | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarÉ unha torre de planta cuadrangular dividida en tres corpos cunha escaleira arredor polo exterior do acceso. No primeiro corpo hai unha fornalla de arco semicircular de grandes doelas; o segundo corpo parte dunha plataforma de chegada ás escaleiras onde se facían os sinais luminosos e forma unha especie de espadana con arco de medio punto situado xa no terceiro corpo, rematando un pequeno frontal con beiral e un pináculo na cima.[2]
Foi declarada Ben de Interese Cultural co código (R.I.)-51-0008964-00000.
Notas
editar- ↑ Torre de Alarma de Castrelo en Turgalicia.
- ↑ Plan Xeral de Ordenación Municipal de Forcarei Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Boletín Oficial de Pontevedra, n.º 136 de 17-6-2002.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Boga Moscoso, R.. Guía dos Castelos medievais de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5