O Castelo da Penela, ou Torre da Penela sitúase no lugar da Penela na parroquia de Silvarredonda, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, en Galicia.

Torre da Penela
ben de interese cultural
ConcelloCabana de Bergantiños
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°11′09″N 8°51′30″O / 43.18597222, -8.85841667Coordenadas: 43°11′09″N 8°51′30″O / 43.18597222, -8.85841667
Estilo arquitectónico
Estilo actual(século XVII)
Estado actualen ruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O antigo castelo foi fundado por Lope Bermúdez, que emparentou coa liñaxe dos Altamira casando con Urraca de Moscoso.[1], descendente da liñaxe dos Bermúdez de Traba, era parte dunha rede de fortificacións fronteirizas para a defensa da comarca de Bergantiños. Con posterioridade pasou a ser patrimonio dos condes de Priegue, donos da Torre de Celas de Peiro.

As reformas levadas a cabo durante o século XVII configuraron a súa actual tipoloxía de residencia palaciana.

Conta a lenda que un cruceiro, hoxe situado preto da torre, atopábase antes á entrada da fortificación de xeito que todo o que pasase por diante quedaba ceibe dos seus perseguidores. Segundo a lenda, unha muller achegouse ao cruceiro, sendo apreixada xusto antes e decapitada; os veciños sentiron mágoa por ela, “Pena dela”. Así, conforme a lenda, se orixinou o nome, Penela.

Heráldica

editar
 
Escudo da Torre da Penela.

A liñaxe dos Riobó representa no escudo de armas como armas sobre campo de sinople unha torre de prata cunha silva envolvéndoa.

Características

editar

A torre é de planta cadrada distribuída en dous andares e un soto no cal se abre unha porta con arco de volta perfecta composto por doelas de bo tamaño. No alto remátase cunha terraza con ameas en toda a súa volta. Algunhas das xanelas foron abertas en tempos posteriores.

Na fachada conserva escudos de armas dos Castro, Rioboo e Bermúdez. Na fachada posterior existe un acceso directo á terceira planta debido ao desnivel do terreo.

Hoxe en día é usado como celeiro e no seu interior consérvase a estrutura dunha escaleira de caracol.

Encaixado nun lavadoiro consérvase outro escudo moi gastado. Detrás da torre atópase unha fonte con pia e forma de cadaleito.

Galería de imaxes

editar
  1. BOGA MOSCOSO, R. (2003): Guía dos castelos medievais de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 48. ISBN 84-9782-035-5.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar