Torre da Candaira

construción militar na Candaira (Rebordaos, O Saviñao)

A Torre da Candaira[1] é unha construción situada na Candaira, parroquia de Rebordaos, no concello do Saviñao. A torre sitúase sobre un terreo de pronunciada ladeira estruturado en estreitos socalcos.[2] Esta localización dificultaría a súa defensa.

Torre da Candaira
ben de interese cultural
ConcelloO Saviñao
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°37′57″N 7°41′28″O / 42.6325, -7.69112
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico tardío (descoñecida)
Estilo actualrománico tardío (restaurado)
Estado actualUso residencial
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Descoñécese a data na que foi construída e quen foi o seu construtor. A primeira mención dos ocupantes da torre dátase a finais do século XV, moi posterior á do levantamento da torre. Era por aquel entón a dona da torre Leonor de Candaira, que casou con Pedro Sarmiento, fillo de Diego Sarmiento e Constança de Soutomaior, filla esta á súa vez do afamado Pedro Madruga.

No século XVI sábese que pertencía a Diego Sarmiento de Soutomaior e Neira de Valladares.

Características

editar
 
Vista xeral.

O estudo dos elementos conservados denota un estilo románico tardío, que se desenvolveu a partir da segunda metade do século XII, polo cal se pode afirmar que se trata dun dos exemplares mais antigos de arquitectura civil conservados en Galicia.

Construída con perpiaños de granito, na actualidade só se conserva unha torre de planta cadrada de 9,8 por 9,9 metros de lado e uns 12 metros de altura. Dividíase en 3 andares e accedíase ao seu interior por medio dunha porta aberta no muro leste, a tan só 0,8 metros de distancia do chan. No mesmo nivel que a porta, ábrese na fachada oeste unha pequena seteira románica.

Na cara sur ábrese outra porta, no segundo andar, a unha altura de cerca de 4 metros. A porta componse dun lintel cun tímpano dun só bloque apoiado sobre mísulas e rodeado dun arco de descarga lixeiramente apuntado.

No terceiro andar ábrense grandes vaos nos lados leste e oeste e unha nova porta no norte. Na fachada leste da torre consérvanse varios escudos de armas.

Na cima non conserva o antigo ameado presentando un actual froito dunha reforma recente.[3]

Segundo a análise do monumento feita por Julio Fernández Pintos, o seu deseño e localización nun terreo de pronunciada ladeira fai que non sexa plausíbel que se tratase dunha torre defensiva illada, nin dunha torre da homenaxe dunha fortificación máis grande, como defenden outros autores. Dando por válida a súa antigüidade (século XII), o autor propón a hipótese de que se trata dunha torre defensiva que formaba parte dunha casa palaciana, constituíndo talvez o extremo Oeste dunha Casa Forte.

  1. Torre da Candaira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Solución similar á adoptada no veciño Castelo de Arcos (Chantada) ou na Torre de Sande, en Cartelle.
  3. Xa que este non aparece nas fotos mais antigas conservadas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Boga Moscoso, Ramón (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-9782-035-5. 

Ligazóns externas

editar