Tommaso Di Maria Monterosato
Tommaso di Maria Monterosato, marqués de Monterosato, nado en Palermo o 27 de xuño de 1841 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 1927, foi un malacólogo italiano.
Nome orixinal | Tommaso di Maria Allery Monterosato |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xuño de 1841 Palermo |
Morte | 1 de marzo de 1927 Palermo |
País de nacionalidade | italiana |
Actividade | |
Ocupación | malacólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Monterosato |
Traxectoria
editarMonterosato foi un distinguido estudoso dos moluscos do Mediterráneo, apreciado polos estudosos da malacoloxía de todo o mundo. Dada a súa reticencia á investigación de campo, recolleu unha cantidade considerable de exemplares para ser estudados en colaboración con outros estudosos. Durante as súas moitas viaxes por Italia e polo estranxeiro, mantivo moitos contactos con famosos malacólogos. A súa produción científica foi de considárabel importancia. Describiu numerosas especies novas, enumerou as cunchas mediterráneas e estudou os fósiles do monte Pellegrino.[1]
En 1893 foi nomeado membro de Malacological Society of London.[1]
Segundo o Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS) nomeou 345 especies mariñas, moitas das cales hoxe son sinónimos.[1]
Abreviatura
editarA abreviatura Monterosato emprégase para recoñecer a Tommaso di Maria Monterosato como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Monterosato, Tommaso di Maria Allery en Shellers From the Past and the Present.