Abrir o menú principal

Tomiño Fútbol Club

(Redirixido desde "Tomiño FC")

O Tomiño Fútbol Club é un club de fútbol de Tomiño. Compite na Segunda Autonómica de Galicia, e xoga no campo do Alivio.

Tomiño
NomeTomiño Fútbol Club
Fundación1934
EstadioO Alivio,
Tomiño, Galicia
PresidenteGalicia José Manuel Rodríguez Pascual
Liga2ª Autonómica – Grupo 13
2012–1317º (1ª Autonómica – Grupo 5)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

O club foi fundado o 19 de maio de 1934. Pouco despois comezaron as obras para a construción do campo de San Benito, actual campo municipal do Alivio. Trala chegada da guerra civil española, o equipo volveu retomar actividade no ano 1944. Participou nas ligas do Baixo Miño - Val Miñor, mais entre 1960 e 1962 os equipos do Baixo Miño abandonaron a competición. En 1963 regresaron á liga e venceron o seu primeiro torneo oficial. Amais, nesa época xogaron varias eliminatorias da copa comarcal.

A finais da década de 1960 a Federación Galega de Fútbol organizou unha nova competición con dous grupos con maior cantidade de participantes, as liga de primeira e segunda división comarcal. O equipo consolidouse na primeira comarcal a comezos da década de 1980. Anos despois o Tomiño FC gañou a Copa de Galicia e acadou o ascenso a Rexional Preferente. Chegou a disputar a fase de ascenso a terceira división en Burela.

Na década de 1990 o Tomiño FC reforzou as categorías inferiores, e o equipo xuvenil chegou a xogar na Primeira Provincial. Estes reforzos viron a súa recompensa ao acadar de novo o ascenso a rexional preferente con xogadores chegados da canteira. Porén, logo de cinco tempadas consecutivas en rexional preferente, o equipo descendeu até terceira rexional.

Datos do clubEditar

Historial na ligaEditar

Tempada Categoría Posto
2004/05 Rex. Pref. 11º
2005/06 Rex. Pref. 15º
2006/07 Preferente 10º
2007/08 Preferente
2008/09 Preferente 14º
2009/10 Preferente 18º
2010/11 1ª Autonómica
2011/12 Preferente 18º
2012/13 1ª Autonómica 17º
2013/14 2ª Autonómica 12º
2014/15 2º Autonomica 16º
2015/16 3º Galicia

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar