Tomás Santoro Iglesias
avogado e político galego
Tomás Santoro Iglesias, nado en Vigo e finado na mesma cidade o 7 de novembro de 1972,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vigo, España |
Morte | 7 de novembro de 1972 Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | notario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Estudou no Colexio dos Xesuítas de Vigo. Na época da República pertencía á Asociación Católica Nacional de Propagandistas, participou como orador en actos da Unión Regional de Derechas e foi presidente das Juventudes de Acción Popular de Pontevedra en 1935[2]. No franquismo foi notario do Porriño dende 1942 e presidente da xunta diocesana de Acción Católica[3]. En 1968 foi nomeado notario de Vigo[4].
Vida persoal editar
Casou con María Teresa García de la Parra González e foi pai de Tomás, María Teresa e Carlos Santoro García de la Parra.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en ABC, 10-11-1972, p. 118.
- ↑ El Pueblo Gallego, 2-7-1935, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-5-1958, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-5-1968, p. 14.