Tomás Fernández Ruiz

futbolista cubano

Tomás Fernández Ruiz, nado en Cantabria o 1 de xaneiro de 1915,[1] foi un futbolista español nacionalizado cubano, cuxa posición era mediocampista e que xogaba no club cubano Deportivo Centro Gallego.[2]

Tomás Fernández Ruiz
Nome completoTomás Fernández Ruiz
Nacemento1915
Lugar de nacementoEspaña
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeCuba
Ocupaciónfutbolista
Na rede
FIFA: 49358 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Santander segundo consta na listaxe de pasaxeiros do buque Orizaba, se ben na listaxe do do buque Queen Mary que o transportou no Mundial de 1938 consta como nado en Donostia. Participou no Mundial de Fútbol de 1938 coa selección de fútbol de Cuba, da cal foi capitán, marcando un gol no partido fronte á selección de Romanía. Disputou os tres partidos mundialistas de Cuba.[3]

Fernández é, até a data, o último xogador cubano en marcar un gol nun mundial.

NotasEditar

  1. Segundo consta na ficha da FIFA.
  2. "¿Hubo futbolistas españoles en el Mundial de Francia 1938? La selección de Cuba.". www.cihefe.es (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  3. "Copa Mundial de 1938". www.es.fifa.com (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar