Tixola (instrumento musical)

útil de cociña empregado en Galiza como acompañamento musical

A tixola, ou cazola, é un útil de cociña empregado en Galiza como acompañamento musical. Como instrumento correspóndelle a categoría de idiófono percutido.[1]

Tixola
Información
ClasificaciónIdiófono refregado

Características editar

As dificultades en facérense cun pandeiro ou pandeireta nalgúns momentos, non sempre existían os recursos económicos necesarios, levou ao emprego de diferentes utensilios dos fogares para o acompañamento musical dos cantos e as festas populares. Un deles son as tradicionais tixolas de ferro e mango longo que se pousaban sobre os trespés das lareiras. Estas ferramentas domésticas ofrecían amplas posibilidades de acompañamento rítmico. Percutindo nelas cunha das antigas chave de ferro das casas, conseguíase unha importante variedade de sons mediante a alternancia de golpes entre a base e o mango da tixola. O seu uso instrumental documéntase, cando menos, até a primeira metade do século XX, principalmente na comarca da Limia, onde recibe o nome de cazola.[2]

Notas editar

  1. Quintas Suarez, Moises (2011). "Percutidos". Guia didáctica de instrumentos galegos. Consultado o 2021-04-11. 
  2. Carpintero Arias, Pablo. "Cazola ou tixola". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-04-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar