O Titan II SLV, coñecido tamén como Titan 23G, Titan-2(23)G e Titan 2G, foi unha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos usados entre 1988 e 2003.[1][2][3][4]

Un Titan II SLV engalando co satélite DMSP F14 a bordo.

Características

editar

Os Titan II SLV eran mísiles Titan II modificados como lanzadores orbitais non tripulados, de maneira similar a como os Titan II GLV o foron para o programa Gemini. A principal diferenza era que os Titan II SLV eran realmente mísiles Titan II postos fóra de servizo e reconvertidos a lanzadores orbitais sen os sistemas de seguridade e redundantes usados no programa tripulado. Segundo a versión podían poñer ata 3175 kg en órbita baixa terrestre. As versións diferenciábanse na clase de etapa final utilizada en cada foguete:[1][2][3][4]

  • Titan II SLV: a versión orixinal non utilizaba unha terceira etapa.
  • Titan II SLV Star-37/XFP-ISS: usaba como última etapa un foguete de propelente sólido Star-37/XFP-ISS.
  • Titan II SLV Star-37/ISS: usaba como última etapa un foguete de propelente sólido Star-37/ISS.

Lanzáronse 13 foguetes Titan II SLV en total, todos con éxito salvo un.[1][2][3][4]

Historial de lanzamentos

editar
Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
Farrah 3 5 de setembro de 1988 Titan II SLV Éxito
Farrah 4 6 de setembro de 1989 Titan II SLV Éxito
Farrah 5 25 de abril de 1992 Titan II SLV Éxito
Landsat 6 5 de outubro de 1993 Titan II SLV Star-37/XFP-ISS Éxito
Clementine / DSPSE-ISA 25 de xaneiro de 1994 Titan II SLV Éxito
DMSP-5D2 14 4 de abril de 1997 Titan II SLV Star-37/ISS Éxito
NOAA 15 13 de maio de 1998 Titan II SLV Star-37/XFP-ISS Éxito
QuikScat 20 de xuño de 1999 Titan II SLV Éxito
DMSP-5D3 15 12 de decembro de 1999 Titan II SLV Star-37/XFP-ISS Éxito
NOAA 16 21 de setembro de 2000 Titan II SLV Star-37/XFP-ISS Éxito
NOAA 17 24 de xuño de 2002 Titan II SLV Star-37/XFP-ISS Éxito
Coriolis 6 de xaneiro de 2003 Titan II SLV Éxito
DMSP-5D3 16 18 de outubro de 2003 Titan II SLV Star-37/XFP-ISS Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "Titan II SLV" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Titan-2(23)G (Titan-2G)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Titan-2(23)G Star-37XFP-ISS (Titan-2G Star-37XFP-ISS)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Titan-2(23)G Star-37S-ISS (Titan-2G Star-37S-ISS)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar