Coriolis (satélite)

Coriolis é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 6 de xaneiro de 2003 mediante un foguete Titan-2G desde a base Vandenberg da Forza Aérea para probar novas tecnoloxías e observar a superficie terrestre.[1][2][3]

Coriolis / P98-2
Coriolis
TipoDemostrador tecnolóxico / Observación terrestre
FabricanteSpectrum Astro
OrganizaciónUSAF
Destino actualEn activo.[1][2][3]
Data de lanzamento6 de xaneiro de 2003, 14:19 GMT[1][4][5]
Foguete portadorTitan-2G[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[1][2]
Obxectivo da misiónMedición do vento na superficie terrestre, estudo de perturbacións xeomagnéticas.[1][2]
NSSDC ID2003-001A
Masa395 kg[1]
Dimensións3,0 m de diámetro, 6,0 m de alto[1]
Potencia1174,0 W[1]

Características editar

Coriolis é un satélite do Programa de Probas Espaciais da Forza Aérea dos Estados Unidos coa finalidade de demostrar a medición remota de ventos na superficie terrestre usando a técnica de radiometría polarimétrica de microondas como maneira de reducir riscos para o uso da tecnoloxía no sistema de satélites meteorolóxicos NPOESS. Tamén se adica a predicir perturbacións xeomagnéticas mediante a observación de eventos de exección de masa coronal do Sol.[1][2][3]

O satélite ten unha masa de 395 kg, cun [[diámetro de 3,0 m e unha altura de 6,9 m. leva dous instrumentos a bordo:

Características clave de Coriolis son o seu baixo nivel de interferencia electromagnética para o óptimo rendemento do radiómetro e a súa estabilidade de apuntado e control da posición tendo un elemento (WindSat) que rota a 30 revolucións por minuto. O satélite envía datos a terra a velocidades de ata 51,2 Mbps en banda X.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (20 de marzo de 2019). "Coriolis" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2019). "Coriolis" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Coriolis (P98-2)" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2019. 
  4. N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CORIOLIS" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2019. 
  5. Claude Lafleur (2019). "Coriolis" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar