Tirso Gómez Freijido

político español

Tirso Servando Justino Gómez Freijido, nado en Ribadavia o 1 de febreiro de 1887 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaTirso Gómez Freijido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Latoeiro de profesión, militante socialista, foi presidente da Casa do Pobo da Cañiza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza o 21 de xullo. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en Consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Antonio Mojón Vázquez e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[1]

Vida persoal editar

Casou con Contemplación Mosquera Mariño.[2] A dramaturga, directora e actriz Marta Pérez é a súa bisneta.

En 2022, a compañía de Pérez, Inversa Teatro, estreou unha peza no Auditorio de Vigo sobre a detención e fusilamento de Tirso Gómez e os seus compañeiros: O Péndulo[3], escrita xunto ao dramaturgo Ernesto Is.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.
  2. A Cañiza: Mercería-droguería Pepa
  3. O Péndulo, estrea mundial.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar