Abrir o menú principal
Tirabeque
Tirabeques na planta.
Tirabeques na planta.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Lindl.
Subfamilia: Faboideae
Xénero: Pisum
Especie: Pisum sativum
Nome trinomial
Pisum sativum var. saccharatum
Rebentos de tirabeques salteados, un prato popular chinés

O tirabeque[1] (Pisum sativum var. saccharatum) é unha variedade botánica de ervella caracterizada por que se lle come toda a vaíña ou casula cando aínda está inmatura, e noutras rexións, como na China tamén os rebentos tenros da planta.[2] En inglés chámanse snow pea e snap pea (a variedade coa vaíña arredondada) e en francés (ambas as dúas variedades indistintamente): mangetout e pois gourmand.

É nativa da conca do Mediterráneo e Asia, e adoitan consumirse frescas ao principio da primavera. En Galiza e outras zonas peninsulares, especialmente en Aragón, País Valenciano e Cataluña,[3][4][5] son verduras coñecidas que se poden cociñar de diversos xeitos, en sopas, fervidas, frixidas etc.

Seméntanse polo outono ou no inverno e a colleita é dende finais do inverno ao comezo da primavera. O nome inglés de snow pea (ervella de neve) refírese ao feito de que se apaña neles cando aínda pode haber neve. A planta nova resiste xeadas de até -4 °C aproximadamente. Hai variedades de emparrar.

Álvaro Cunqueiro falou do tirabeque, dicía que lle sabían a maio.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tirabeque.
  2. "A Variety of Unique Chinese Vegetables. From Bitter Melon to Silk Squash", Rhonda Parkinson, The Spruce Eats, 27-06-2019, (en inglés)
  3. "Tirabeques", Revista Sentir, (en castelán)
  4. "Receptes amb tirabecs, els pèsols que es mengen sencers", Toni Massanés, CatRàdio, 1-02-2019, (en catalán)
  5. "Olles i verdures", Sal·lus Herrero, País Valencià s. XXI, (en catalán)

Véxase taménEditar