Tino di Camaino

escultor italiano

Tino di Camaino, nado en Siena contra o 1280 e finado en Nápoles contra o 1337, foi un escultor italiano do período gótico.

Tino di Camaino
Tino di camaino, angelo, 1300-1325 ca., da palazzo bargagli petrucci tempi, 03.JPG
Nacemento1285
 Siena
Falecemento1337
 Nápoles
Ocupaciónescultor e arquitecto
PaiCamaino di Crescentino
Coñecido porThe Baptism of Christ, Charity e Faith
editar datos en Wikidata ]
Personificación da Virtude, da fachada de Santa Maria del Fiore, Museo dell'Opera del Duomo (Florencia), ca. 1320

BiografíaEditar

Primeiros anosEditar

Fillo de Camaino di Crescentino, arquitecto sienés, foi discípulo de Giovanni Pisano, a quen axudou na realización dos relevos da fachada do Duomo de Siena. Seguiu a o seu mestre cando se trasladou a Pisa, onde foi nomeado mestre de obras das obras da Catedral (1311). Executou nese período o Monumento fúnebre de Henrique VII (1315). Alí mesmo en Siena, onde estivo entre 1315 e 1320, realizou tamén, en 1317, outro monumento funerario, o do cardeal Petroni. O seu Monumento fúnebre do bispo Orso foi executado para o Duomo de Florencia despois de 1321.

 
Madonna con a raíña Sancha e anxos, T. di Camaino, ca. 1355, National Gallery, Washington

En FlorenciaEditar

Outras obras famosas do seu período fiorentino son a Madonna do Museo Nacional do Bargello e máis a Caridade do Museo Bardini, ademais da Tumba de Gastone della Torre, conservada no Museo da basílica da Santa Croce.

En NápolesEditar

Desde 1323 traballou en Nápoles, ao servizo de Roberto d'Angiò, onde realizou numerosos monumentos funerarios: en 1323 o de Catalina de Austria na San Lorenzo Maggiore; arredor de 1325 o da raíña María de Hungría na Santa Maria Donnaregina. Para Santa Clara, xa nos últimos anos da súa vida, realizou os sepulcros de Carlo de Calabria e de María de Valois.

Véxase taménEditar