Abrir o menú principal

Coordenadas: 28°42′40″N 17°57′20″O / 28.71111, -17.95556

Tijarafe
Tijarafe bandera.png
Tijarafe escudo.png
Localización
La Palma municipio Tijarafe.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
IllaFlag of La Palma with CoA.svg La Palma
Xeografía
Altitude640 msnm
Superficie53,76 km²
Demografía
Poboación2.763 hab. (2011)
Densidade51,4 hab/km²
XentilicioTijarafero, ra
Outros datos
Código postal38780
AlcaldeLorenzo Lorenzo Sosa (PP)
www.tijarafe.com

Tijarafe é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado na zona noroeste da illa de La Palma. Limita ao norte con Puntagorda, ao leste coa serra da Cumbre, polo oeste co océano Atlántico e ao sur cos municipios de Tazacorte, Los Llanos de Aridane e El Paso.

XeografíaEditar

A súa extensión superficial é de 53.76 km², o que supón un 7.59% da superficie da illa. O seu perímetro está ao redor dos 36,584 metros. Esta superficie coloca a Tijarafe no quinto lugar lugar dos municipios palmeiros en canto ao seu tamaño, por detrás de El Paso, Garafía, Mazo e Fuencaliente. A costa, acantilada e de difícil acceso, ten unha lonxitude aproximada de 11,5 km, que supón un 9,3% do perímetro total insular.

BarriosEditar

 
Barrios de Tijarafe

Os barrios do municipio son:

  • Aguatavar
  • Arecida
  • Bellido
  • Candelaria
  • El Jesús
  • El Pinar
  • La Costa
  • La Punta
  • Tinizara

EconomíaEditar

A economía de Tijarafe xira ao redor da agricultura e a gandería. A agricultura ocupa un 69% da poboación activa, dedicada sobre todo ao cultivo de banana, por ser este o máis rendible.

A estrada LP-1 de Santa Cruz de la Palma a Puntagorda, atravesa o municipio de sur a norte, e é a ambos os dous lados da estrada onde se dan lugar a maioría das casas.

 
Tijarafe

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar