Garafía

Garafía é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife que está situado no noroeste da illa de La Palma. A capital municipal denomínase Santo Domingo.

Garafía
Bandera de Garafía.svg
Escudo de Garafía.svg
La Palma - Garafía - Plaza Baltasar Martín + Iglesia Nuestra Señora de La Luz 01 ies.jpg
Localización
La Palma municipio Garafía.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
IllaFlag of La Palma with CoA.svg La Palma
Xeografía
Altitude365 msnm
Superficie103 km²
Demografía
Poboación1.707 hab. (2011)
Densidade16,57 hab/km²
XentilicioGarafiano, -na
Outros datos
Código postal38787
AlcaldeYeray Rodríguez (PSOE)
www.garafia.org

Historia e característicasEditar

 
Santo Domingo de Garafía

Ten unha extensión de 103 km² e unha lonxitude de costa de 25,50 km. No seu termo municipal atópase o Roque de los Muchachos, punto máis alto da illa con 2.426 metros onde se emprazou un importante observatorio astrofísico pertencente ao IAC.

Tradicionalmente foi un pobo con problemas de comunicación e illamento, o que provocou problemas de desenvolvemento e un descenso poboacional importante. Con todo isto preservou o seu carácter rural e ecolóxico, o que fai que teña un gran potencial para o turismo rural.

O municipio está formado polos núcleos de Cueva del Agua, Don Pedro, Franceses, Santo Domingo, Hoya Grande, Juan Adalid-El Mudo, Llano Negro, El Palmar, Roquefaro, El Tablado, Las Tricias, El Castillo e La Mata.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar