Roque de los Muchachos
Coordenadas: 28°45′15″N 17°53′05″O / 28.754166666667, -17.884722222222
O Roque de los Muchachos é o nome que se lle dá ao pico rochoso que forma o punto máis alto da illa de La Palma, nas Canarias. A altura máxima ascende a 2.426 m sobre o nivel do mar, o que fai de La Palma a segunda illa máis alta do arquipélago, logo de Tenerife.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Roque_de_los_Muchachos_view1.jpg/300px-Roque_de_los_Muchachos_view1.jpg)
No Roque de los Muchachos, debido á gran calidade do ceo, sitúase o Observatorio Astrofísico do Roque de los Muchachos. O Roque de los Muchachos pecha a Caldera de Taburiente pola súa zona norte. Desde o cume pódese ver Tenerife, La Gomera e El Hierro.
O nome de Roque de los Muchachos provén da forma do mesmo, pois son unha serie de pequenos roques duns 3 metros de altura, que se asemellan a un grupo de raparigos (muchachos en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roque de los Muchachos |