Parque Nacional da Caldera de Taburiente

(Redirección desde «Caldera de Taburiente»)

Coordenadas: 28°45′14″N 17°53′05″O / 28.75389, -17.88472

Caldera de Taburiente
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 6 de outubro de 1954
Superficie: 4.690 ha
Lexislación: Decreto 06-10-1954
Datos de interese
País: España España
Provincias: Santa Cruz de Tenerife
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque Nacional da Caldera de Taburiente é un parque nacional de España, situado na illa de La Palma, nas Canarias. Como o resto do arquipélago é de natureza volcánica, pero distínguese pola gran cantidade de recursos hídricos que posúe, tanto subterráneos como superficiais.

Foi declarado Parque nacional o 6 de outubro de 1954, sendo a segunda área protexida das Canarias en recibir esta designación, tras o Parque Nacional do Teide en Tenerife e a cuarta de España. Ademais é, desde 2002, Reserva Mundial da Biosfera conxuntamente con toda a illa. Actualmente abarca unha superficie de 46,9 km², que xunto á Zona Periférica de Protección comprende 59,56 km².

Sitúase no centro da illa coincidindo coa formación xeolóxica da Caldera de Taburiente, de 7 km de eixo máximo, e que é considerada a marabilla natural máis emblemática da illa. A depresión que forma a Caldera atópase entre os 600 e os 900 metros sobre o nivel do mar, mentres que a crestería que forma o cerco rochoso que a rodea alcanza os 2.426 metros no punto máis alto, o chamado Roque de los Muchachos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar