Parque Nacional do Teide
O Parque Nacional do Teide ocupa a zona máis alta da illa de Tenerife, nas Canarias. Declarado o 22 de xaneiro de 1954 como parque nacional,[1] é o máis grande e antigo dos parques nacionais das Illas Canarias, e un dos máis antigos de España. En 2007 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e tamén desde ese ano o Parque Nacional do Teide é considerado como un dos 12 Tesouros de España.[2]
Parque Nacional do Teide | |
---|---|
![]() Roque Cinchado e o Teide | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 28°15′00″N 16°37′00″O / 28.25000, -16.61667 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII |
Inscrición | 2007 (31ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1258 |
Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3.718 metros, é o pico máis alto das Canarias, de España e de calquera terra emerxida do Océano Atlántico. É ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base, só superado polo Mauna Loa e o Mauna Kea en Hawai. Xunto ao Teide atópase a segunda montaña máis alta do Arquipélago Canario, o Pico Viejo con 3.135 metros sobre o nivel do mar, sendo ambos as únicas montañas canarias que exceden os 3.000 metros de altitude.
O Parque Nacional do Teide, foi en 2008 o Parque nacional máis visitado dos catro cos que contan as Illas Canarias cun total de 2,8 millóns de visitantes, segundo datos do Instituto Canario de Estatística (ISTAC), sendo ademais o Parque Nacional máis visitado de España, o máis visitado de Europa e o segundo do mundo con 3.142.148 visitantes en 2007.[3]
Galería de imaxes Editar
-
Tempete
-
Paisaxe do Teide
-
Val de Ucanca
-
O Teide no verán
-
O Teide en inverno
-
Arredores do Teide
-
Principio do Parque Nacional
-
Panorámica do Parque Nacional
-
Teleférico do Teide
Notas Editar
- ↑ Decreto de 22 de xaneiro de 1954. Arquivado 12 de decembro de 2007 en Wayback Machine. BOE nº 35, de 4 de febreiro de 1954
- ↑ 12 Tesouros de España
- ↑ "O Teide, o parque máis visitado de Europa e o segundo do mundo". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 04 de marzo de 2011.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Parque Nacional do Teide |
- Web oficial doMinisterio de Medio Ambiente dedicada a este parque nacional Arquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)