Puntagorda

Puntagorda é un municipio español situado no noroeste da illa canaria de La Palma, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.

Puntagorda
Puntagorda bandera.png
Escudo de Puntagorda.png
Ayuntamiento Puntagorda La Palma-1.jpg
Localización
La Palma municipio Puntagorda.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
IllaFlag of La Palma with CoA.svg La Palma
Xeografía
Altitude722 msnm
Superficie31,10 km²
Demografía
Poboación2.028 hab. (2011)
Densidade65,21 hab/km²
XentilicioPuntagordero
Outros datos
Código postal38789
AlcaldeVicente Rodríguez Lorenzo (PSOE)
www.puntagorda.es

Ten unha extensión de 31,10 km² e unha poboación de 2.028 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, 2011). A súa altitude é de 600 metros sobre o nivel do mar e ten unha lonxitude de costa de 8,80 km. É o municipio máis occidental da illa, atópase delimitado ao norte polo barranco de Hizcagua, que o separa do municipio de Garafía, ao sur linda con Tijarafe por medio do Barranco de Garome.

Puntagorda

EconomíaEditar

Puntagorda é un municipio primordialmente rural dedicado ao sector primario. Tradicionalmente os cultivos de secaño foron dominantes no municipio, especialmente améndoas, vide e trigo. No século XX impulsáronse os cultivos de regadío. O municipio conta cun Mercadillo do Agricultor onde estes venden directamente os produtos da horta aos consumidores.

O turismo rural tivo certo auxe na zona recentemente, pero sen substituír a agricultura como motor económico.

CulturaEditar

A Igrexa de San Mauro Abad e a súa casa parroquial están declaradas Ben de Interese Cultural. Está situada na parte baixa do municipio.

No mes de febreiro celébranse as festas da amendoeira en flor.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar