O tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) é a subespecie de tigre máis numerosa de Asia. A súa poboación estimouse en menos de 2 500 exemplares no ano 2011. Dende 2008, está clasificado como "en perigo" segundo a Lista Vermella da IUCN e está ameazado pola caza furtiva, destrución e fragmentación do seu hábitat. Ningunha das Zonas de Conservación do Tigre está considerada grande de abondo para manter unha poboación efectiva de máis de 250 exemplares adultos.[1]

Tigre de Bengala
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1][2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Panthera
Especie: P. tigris
Subespecie: P. t. tigris
Linnaeus, 1758

Sinonimia
  • P. t. fluviatilis
  • P. t. montanus
  • P. t. regalis
  • P. t. striatus

O tigre chegou ó subcontinente indio hai uns 12 000 anos.[3] A poboación de tigre na India estimouse en 1 706–1 909 exemplares en 2010.[4] En 2014, a poboación recuperouse levemente chegando a 2 226 exemplare.[5] Estímase que hai uns 440 tigres en Bangladesh, 163–253 no Nepal e 103 en Bután.[6][7][8][9]

O tigre de Bengala está entre os meirandes félidos vivos.[10][11] Por iso está considerado como parte da megafauna carismática do mundo.[12] É o animal nacional da India e de Bangladesh.[13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Chundawat, R.S., Khan, J.A. & Mallon, D.P. (2011). "Panthera tigris ssp. tigris". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 4 de setembro de 2015. 
  2. IUCN
  3. Luo, S. J.; Kim, J.; Johnson, W. E.; van der Walt, J.; Martenson, J.; et al. (2004). "Phylogeography and Genetic Ancestry of Tigers (Panthera tigris)". PLoS Biology 2 (12): e442. PMC 534810. PMID 15583716. doi:10.1371/journal.pbio.0020442. 
  4. Jhala, Y. V., Qureshi, Q., Sinha, P. R. (2011). Status of tigers, co-predators and prey in India, 2010. TR 2011/003 pp-302 (PDF). Nova Delhi, Dehradun: National Tiger Conservation Authority, Govt. of India, and Wildlife Institute of India. Archived from the original on 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  5. World Wildlife Fund (ed.). "India Reports Nearly 30% Rise in Wild Tiger Population". Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  6. Global Tiger Initiative (2011). Global Tiger Initiative Secretariat, ed. Global Tiger Recovery Program 2010–2022 (PDF). Washington. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  7. NTNC (2013). "NTNC Chairman Released the Recent Tiger Number in Nepal". Katmandu: National Trust for Nature Conservation. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  8. Sangay, T., Wangchuk, T. (2005). Tiger Action Plan for Bhutan 2006–2015. Thimphu: Nature Conservation Division, Department of Forests, Ministry of Agriculture, Royal Government of Bhutan and WWF Bhutan Programme. 
  9. WWF Bhutan. "Bhutan's tigers". World Wide Fund For Nature. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  10. Mazák, V. (1981). "Panthera tigris" (PDF). Mammalian Species 152 (152): 1–8. JSTOR 3504004. doi:10.2307/3504004. 
  11. Heptner, V. G., Sludskij, A. A. (1992) [1972]. "Tiger". Mlekopitajuščie Sovetskogo Soiuza. Moskva: Vysšaia Škola [Mammals of the Soviet Union. Volume II, Part 2. Carnivora (Hyaenas and Cats)]. Washington DC: Smithsonian Institution and the National Science Foundation. pp. 95–202. 
  12. Sankhala, K. (1978). Tiger: The Story Of The Indian Tiger. Glasgow: Collins. ISBN 0002161249. 
  13. Lytton, E. (1841). The Critical and Miscellaneous Writings of Sir Edward Lytton. Vol. 2. p. 167.