Tiburos

Pobo astur de Gallaecia.

Os tiburos ou tiburi eran un pobo ástur da Gallaecia, que se identifican co topónimo actual de Trives, na que hoxe é provincia de Ourense.

Localización aproximada do pobo dos Tiburi ou Tiburos na provincia romana da Gallaecia.
Mapa das tribos ástures.

FontesEditar

Plinio o Vello cita os tiburi entre as civitates que formaban parte do Convento xurídico asturicense, indicando que a súa capital é Nemetobriga, esta reducida, desde o século XVIII, co actual lugar de Mendoia, sito no concello da Pobra de Trives.

O lingüista Abelardo Moralejo Laso, demostrou filoloxicamente a evolución desde Nemetobriga até orixinar Mendoia

Durante o século VI o Parochiale suevorum cita o mesmo pobo como Teporos.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar