Tiana, Barcelona

Coordenadas: 41°28′59″N 2°16′11″L / 41.48306, -2.26972

Tiana é un municipio catalán da comarca do Maresme, na provincia de Barcelona. Limita coa comarca do Barcelonès e pertence á área metropolitana de Barcelona.

Tiana, Barcelona
Localización
Localització de Tiana respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude136 msnm
Superficie7,96 km²
Demografía
Poboación8.314 hab. (2014)
Densidade1.044,47 hab/km²
XentilicioTianenc, tianenca
Outros datos
Código postal08390-08391
AlcaldeEster Pujol (PSC-PM)
www.tiana.cat

O seu nome provén do nome propio latín Titius, documentado no século XI como villa tiziana ou titiana.

XeografíaEditar

Tiana atópase na serra de Marina. Limita ao norte cos municipios de Santa Maria de Martorelles i Sant Fost de Campsentelles, ao leste con El Masnou e Alella, ao sur con Montgat, antiga barriada mariñeira de Tiana ata a súa segregación en 1933, e ao oeste con Badalona.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2014
2.130 3.139 1.822 2.198 3.025 5.663 8.314

Lugares de intereseEditar

  • Restos arqueolóxicos da vila de Can Sant-Romà
  • Cartuxa de Montalegre

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar