Tiago Emanuel da Costa Sousa, nado en Coímbra o 18 de outubro de 1977, é un xogador de hóckey a patíns que xoga de porteiro. Aínda que ten orixe portuguesa ten nacionalidade angolana, e xoga coa selección do país africano.

Infotaula de personaTiago Sousa
Biografía
Nacemento(pt) Tiago Emanuel da Costa Sousa Editar o valor em Wikidata
18 de outubro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Coímbra, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola
Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAngola Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou na Segunda División Portuguesa co Mealhada na tempada 1998-99 conseguindo o ascenso á Primeira División, aínda que a experiencia na máxima categoría do hóckey a patíns portugués tan so durou un ano e na tempada seguinte volvería á división de prata. Na tempada 2001-02 asina o Sporting Clube de Tomar da Primeira División Portuguesa, club no que xoga un ano, fichando ao ano seguinte polo Infante Sagres, no que xoga unha tempada. É na tempada 2003-04 cando vive a súa mellor época tras asinar cun dos grandes do hóckey rodado de Europa, o FC Porto, é nos tres anos que pasou no equipo de Porto nos que consegue tódolos títulos que ten no seu palmarés, 3 ligas, 2 copas, unha supercopa e tres veces finalista da Copa de Europa, nas que o equipo portugues perdería fronte ao FC Barcelona e a última fronte ao Bassano Hockey 54. Na tempada 2006-07 asina co Oliveirense, no que pasa catro anos ata o verán de 2010, cando asina co H.C. Liceo da Coruña (Galiza).

Equipos editar

Palmarés editar

FC Porto editar

HC Liceo editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar