Three Songs for Benazir

curtametraxe de 2021 dirixida por Gulistan Mirzaei e Elizabeth Mirzaei

Three Songs for Benazir (دری سندری د بینظیر لپاره) é unha curtametraxe documental afgá de 2021. Na 94ª edición dos Óscar foi nomeada na categoría de mellor curtametraxe documental para Elizabeth Mirzaei e Gulistan Mirzaei.[1][2]

Three Songs for Benazir
Ficha técnica
Título orixinalدری سندری د بینظیر لپاره
Director
  • Gulistan Mirzaei
  • Elizabeth Mirzaei
Produtor
  • Gulistan Mirzaei
  • Elizabeth Mirzaei
  • Omar Mullick
  • Homayoun Noori
  • Jamil Rezaei
Intérpretes
  • Shaista Khan
  • Benazir
MúsicaQais Essar
FotografíaElizabeth Mirzaei
Montaxe
  • Melanie Annan
  • Christoph Wermke
EstudioMirzaei Films
DistribuidoraNetflix
Estrea6 de xuño de 2021
Duración22 minutos
Orixe Afganistán
XéneroDocumental
Na rede
https://www.threesongsforbenazir.com
IMDB: tt14608922 Filmaffinity: 927426 Rottentomatoes: m/three_songs_for_benazir
Facebook: threesongsfilm Netlix: 81562326Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Conta a historia de Shaista, un mozo casado con Benazir e que vive nun campamento de desprazados en Cabul. Shaista loita por equilibrar os seus soños de ser o primeiro da súa tribo en unirse ao Exército Nacional Afgán coas responsabilidades de formar unha familia. Aínda que o amor de Shaista por Benazir é claro, as eleccións que debe tomar para construír unha vida con ela teñen consecuencias devastadoras.[3]

Estrea editar

O filme tivo a súa estrea mundial no Full Frame Documentary Film Festival en xuño de 2021, onde gañou o Premio do Xurado á mellor curtametraxe e clasificouse para os Óscars. En agosto de 2021, o filme tivo a súa estrea europea no Festival Internacional de Cine de Odense, onde gañou o Premio Soapbox. En febreiro de 2022, Three Songs for Benazir gañou o premio á mellor curta de non ficción no Cinema Eye Honors.

En decembro de 2021, anunciouse que Netflix adquiriu os dereitos de distribución do filme, estreándose na plataforma o 24 de xaneiro de 2022.

Notas editar

  1. "Three Songs for Benazir - Full Frame Documentary Film Festival". fullframefest.org. Consultado o 2022-02-08. 
  2. Naman Ramachandran. "Oscar Shortlisted 'Three Songs for Benazir' Filmmakers on Afghanistan". Variety. Consultado o 2022-02-08. 
  3. Addie Morfoot. "Netflix Scoops Up 'Three Songs for Benazir' for Doc Shorts Slate". Variety. Consultado o 2022-02-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar