Thor: The Dark World
Thor: The Dark World é un filme estadounidense de 2013 baseado no personaxe de Marvel Comics Thor, producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É a secuela do filme de 2011 Thor e o oitavo filme no Universo Cinematográfico Marvel (MCU). Foi dirixido por Alan Taylor, cun guión de Christopher Yost, xunto con Christopher Markus e Stephen McFeely.[4] Está protagonizado por Chris Hemsworth como Thor, a carón de Natalie Portman, Tom Hiddleston, Anthony Hopkins, Stellan Skarsgård, Idris Elba, Christopher Eccleston, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Kat Dennings, Ray Stevenson, Zachary Levi, Tadanobu Asano, Jaimie Alexander e Rene Russo nos papeis secundarios. En Thor: The Dark World, Thor únese a Loki para salvar os Nove Reinos dos elfos escuros, liderados polo vingativo Malekith, que quere sumir o universo na escuridade.
Thor: The Dark World | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Thor: The Dark World |
Director | Alan Taylor |
Produtor | Kevin Feige |
Guión | |
Baseado en | Thor de Stan Lee, Larry Lieber e Jack Kirby |
Intérpretes | |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | Kramer Morgenthau |
Montaxe |
|
Estudio | Marvel Studios |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | Leicester Square: 22 de outubro de 2013 8 de novembro de 2013 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Superheroes |
Orzamento | 170–272 millósn de dólares[1][2] |
Recadación | 644,6 millóns de dólares[3] |
Filme anterior | Thor |
Filme seguinte | Thor: Ragnarok |
Na rede | |
https://www.marvel.com/movies/thor-the-dark-world | |
Personaxes
editar- Chris Hemsworth como Thor
- Natalie Portman como Jane Foster
- Tom Hiddleston como Loki
- Anthony Hopkins como Odín
- Stellan Skarsgård como Erik Selvig
- Idris Elba como Heimdall
- Christopher Eccleston como Malekith
- Adewale Akinnuoye-Agbaje como Algrim / Kurse
- Kat Dennings como Darcy Lewis
- Ray Stevenson como Volstagg
- Zachary Levi como Fandral
- Tadanobu Asano como Hogun
- Jaimie Alexander como Sif
- Rene Russo como Frigga
Notas
editar- ↑ FilmL.A. Inc. (ed.). "2013 Feature Film Study" (PDF). p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2017 – vía The Hollywood Reporter.
- ↑ Sylt, Christian (27 de abril de 2018). Forbes, ed. "Disney Reveals Financial Muscle Of 'Avengers: Infinity War'". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 21 de maio de 2018.
- ↑ Box Office Mojo (Amazon.com) (ed.). "Thor: The Dark World (2013)". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2016. Consultado o 19 de abril de 2014.
- ↑ StitchKingdom.com, ed. (12 de outubro de 2012). "'Thor: The Dark World’ Official Synopsis Released". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thor: The Dark World |
Ligazóns externas
editar- Thor: The Dark World na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)