Tholos de Montelirio

monumento megalítico

Tholos de Montelirio é un monumento megalítico de forma circular que consta de dúas cámaras (unha grande e outra máis pequena), un corredor e un atrio, cuberto por un túmulo artificial. Estímase que foi construído durante a Idade do Cobre, nalgún momento comprendido entre os anos 2900 e 2800 antes da era actual.

Está situado na provincia de Sevilla, cerca de Valencina de la Concepción e Castilleja de Guzmán.

O tholos de Montelirio está baixo un túmulo de 75 metros de diámetro. O tholos ten unha lonxitude aproximada de 50 metros: 37,7 metros de lonxitude do corredor, 4,75 metros de diámetro pertencentes á Cámara Grande e 2,75m de diámetro da Cámara Pequena.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar