Coordenadas: 37°01.0′28.51″N 04.0°32′46.65″O / 37.0245861, -4.5462917

O dolmen de Viera é un monumento megalítico situado no concello de Antequera a 70 metros do dolmen de Menga e a 4 km do Tholos del Romeral.

Limiar do dolmen de Viera.

Historia editar

 
Interior do dolmen de Viera.
 
Vista do túmuro e o limiar do dolmen de Viera.

O dolmen recibe o nome dos irmás Antonio e José Viera, que o redescubriron en 1903 antes era chamada Cueva Chica. En 1923 é declarado Monumento Nacional. Está datado no ano 2000 antes da era actual e é o máis pequeno do conxunto megalítico de Antequera. É un dolmen dos chamados de corredor con cámara funeraria de planta rectangular e uns 21 metros de lonxitude, a galería é cuberta. A cámara está dividida en dous tramos á que se chega por unha porta traballada de forma de fiestra rectangular. O solsticio ilumina o seu interior[1].

O ancho interior vai dos 1.30 m nos tramos iniciais aos 1.60 m. no treito final. Os laterais da cámara estaban formados por 16 ortostatos, dos que se conservan 14 no lado esquerdo e 15 do dereito, na cabeceira hai unha soa lousa. Son pedras traballadas e encaixadas con xeito.

Da cuberta só se conservan cinco lousas íntegras e anacos doutras dúas. A altura interior media da cámara é de pouco máis de 2 m. O dolmen está baixo un túmulo e está orientado ao levante acimut de 96 graos, lixeiramente cara ao sur do leste[2].

Notas editar

  1. "Dolmen de Viera, Antequera, Málaga.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 12 de maio de 2013. 
  2. Dolmen de Viera. malagahistoria.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Xunta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.

Ligazóns externas editar