Abrir o menú principal

Theodore Kaczynski

matemático, anarquista e terrorista estadounidense

Theodore John Kaczynski, nado en Chicago (Illinois) o 22 de maio de 1942, máis coñecido co alcume de Unabomber, é un matemático, filósofo, neoludita e terrorista estadounidense, que se dedicou á fabricación e envío de cartas e paquetes bomba, motivado e influenciado por un pensamento crítico da sociedade actual.

Theodore Kaczynski
Young theodore kaczynski.jpeg
Nome completoTheodore John Kaczynski
AlcumeUnabomber
Nacemento22 de maio de 1942
 Evergreen Park
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPolish American
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Harvard e Universidade de Michigan
Ocupaciónmatemático, escritor, terrorista, anarquista e Asasino en serie
PaiTheodore Richard Kaczynski
NaiWanda Dombek
IrmánsDavid Kaczynski
Movementoanarquismo, anarcoprimitivismo
Coñecido/a porManifesto Unabomber
editar datos en Wikidata ]
Theodore Kaczynski tras a súa detención

TraxectoriaEditar

Ted Kaczynski amosou grandes capacidades intelectuais dende unha curta idade. Kaczynski graduouse na Universidade de Harvard, obtendo posteriormente un doutoramento en matemáticas pola Universidade de Michigan. Ao rematar a súa formación académica, comezou a exercer como profesor asociado na Universidade de Berkeley á idade de 25 anos no ano 1967, ata a súa dimisión dous anos máis tarde.

Tras a súa dimisión en Berkeley, Kaczynski mudouse en 1971 a Lincoln, Nebraska para vivir nunha cabana artesá feita por el mesmo, a cal carecía de electricidade e auga corrente. En 1978 comezou a fabricar bombas, que enviou a distintos obxectivos empregando o Servizo Postal dos EUA. A súa actividade terrorista durou dende o 1978 ata a súa detención en 1995. Os obxectivos principais de Kaczynski eran universidades e aeroportos. Atentar contra un avión está contemplado como delito federal nos EUA, polo que o caso pasou a mans do FBI, que o nomeou baixo o acrónimo UNABOMB (do inglés University and Airline Bomber)

Manifesto UnabomberEditar

En 1995, Kaczynski escribiu un manifesto denotando os seus principios, titulado A sociedade industrial e o seu futuro. O manifesto foi enviado ao New York Times e o Washington Post baixo o pseudónimo de FC (Freedom Club). No ensaio, amosa o seu descontento coa sociedade tecnolóxica actual, produto da Revolución Industrial, argumentando que a tecnoloxía supón un obstáculo para a liberdade humana. Kaczynski solicitou a publicación íntegra do seu manifesto a cambio de poñer fin á súa actividade terrorista. Despois de deliberalo, ambos os dos xornais decidiron publicar o manifesto completo, que na cultura popular pasou a coñecerse baixo o alcume de Manifesto Unabomber. Ao mesmo tempo, as autoridades pediron a colaboración cidadá para a súa detención, esperando que algunha persoa recoñecese o xeito de escribir de Ted.

O seu irmán David Kaczynski recoñeceu no manifesto diversas expresión propias do seu irmán e púxose en contacto coas autoridades. Theodore Kaczynski foi detido na súa cabana en Montana o 3 de abril de 1996. No interior, o FBI atopou varios compoñentes para construír bombas así como unha bomba xa preparada, un xornal de 40.000 páxinas con experimentos detallados e descricións dos crimes de Unabomber e o que semellaba ser o manuscrito orixinal do Manifesto Unabomber.

Kaczynski foi condenado a 8 cadeas perpetuas sen posibilidade de liberdade condicional. Actualmente, atópase retido no ADX Florence, un centro penitenciario no condado de Freemont, Colorado, cumprindo a súa condena.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.