Theo van Boven, nado nos Países Baixos en 1934, é profesor de dereito internacional pola Universidade de Maastricht e, dende 2001, comisionado especial das Nacións Unidas contra a tortura. Así mesmo, foi director da división de Dereitos Humanos da ONU. En 1985 gañou o Premio Nobel Alternativo.

Infotaula de personaTheo van Boven

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Voorburg, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cleveringa chair (en) Traducir
9 de xaneiro de 2001 – 31 de agosto de 2002
United Nations Special Rapporteur on torture (en) Traducir
2001 – 2004
← Nigel Rodley (pt) TraducirManfred Nowak → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Professor by special appointment (en) Traducir. Leiden Law School (en) Traducir (2001–2002)
Universidade de Maastricht (pt) Traducir
Universidade de Ámsterdam Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoFons Coomans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Het verleden is niet voorbij (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Informes sobre a tortura en España editar

Os informes de Theo van Boven sobre a tortura en España son dous informes publicados polo comisionado especial da Organización das Nacións Unidas contra a tortura. Un deles ten carácter específico para España e outro un carácter máis xeral.

Theo van Boven foi enviado especial da ONU para España, debido á preocupación mostrada pola Organización ante a gran dicotomía que existía entre a posición manifestada polo goberno español e un abundante número de denuncias de tortura no país. Por este motivo, realizou unha visita a España do 5 ó 10 de outubro de 2003, durante a cal realizou varios viaxes a Euskadi e a Madrid. Conseguintemente, publicou un informe o 6 de febreiro de 2004. Expresou o seguinte no resumo do seu informe: que a tortura ou os malos tratos non son sistemáticos en España, pero que, na práctica, o sistema permite a ocorrencia de tortura ou malos tratos, en particular no caso de persoas detidas en réxime de incomunicación por actividades terroristas. Debido a isto último, deu varios consellos para conseguir que as autoridades conseguiran maior credibilidade.

Despois do 1 de setembro de 2004, fixo outro informe sobre tortura e malos tratos; este informe, a diferenza do anterior, non versaba só sobre España. Neste segundo informe, concluíu que a tortura non é práctica sistemática, pero que dábanse numerosos casos debido a que as medidas de seguridade non eran completamente eficentes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar