The Serpent (serie de televisión)

serie de televisión británica de 2021

The Serpent é unha serie de televisión británica desenvolvida por Mammoth Screen para BBC. É unha miniserie de oito episodios coproducida entre BBC One e Netflix. Está baseada nos crimes do asasino en serie Charles Sobhraj, que asasinou turistas en Asia entre 1975–2000. A serie está protagonizada por Tahar Rahim no papel de Sobhraj.

The Serpent
FormatoCrime e drama
Desenvolvido porMammoth Screen
Dirixido por
Intérpretes
Tema de aperturaDominik Scherrer
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Richard Warlow
  • Tom Shankland
  • Preethi Mavahalli
  • Damien Timmer
  • Lucy Richer
Localización(s)
  • Tailandia
  • Reino Unido
  • India
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC One
Formato de imaxe2:1 1080p
Primeiro episodio1 de xaneiro de 2021
Derradeiro episodio14 de febreiro de 2021
Na rede
IMDB: tt7985576 Filmaffinity: 608838 Allocine: 25362 Rottentomatoes: tv/the_serpent Metacritic: tv/the-serpent Netlix: 80206099Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie foi rodada en localizacións en Tailandia ata que a pandemia de COVID-19 detivo a produción por cinco meses a partir de marzo de 2020. A rodaxe rematou en Hertfordshire, Inglaterra, durante agosto de 2020. Estreouse en BBC One o 1 de xaneiro de 2021, e os oito episodios estiveron dispoñibles inmediatamente en BBC iPlayer.[1][2] A serie comezou a emitirse en Netflix en abril de 2021.[3]

Sinopse editar

Ambientada a mediados da década de 1970, a serie conta a historia de Charles Sobhraj, un asasino en serie francés de ascendencia india e vietnamita, quen drogaba e roubaba a turistas, especialmente a mozos mochileiros que viaxaban a Bangkok, Tailandia, na coñecida como ruta hippie. Sobhraj rouba os pasaportes e as identidades das súas vítimas para viaxar polo mundo e vender as xemas roubadas xunto coa súa noiva Marie-Andrée Leclerc. Mentres Sobhraj comete os seus crimes, o diplomático neerlandés Herman Knippenberg comeza a investigar o asasinato dunha parella de turistas e descobre pistas que o levan cara a Sobhraj.[4]

Personaxes editar

  • Tahar Rahim como Charles Sobhraj
  • Jenna Coleman como Marie-Andrée Leclerc
  • Billy Howle como Herman Knippenberg
  • Ellie Bamber as Angela Knippenberg (posteriormente Angela Kane)
  • Amesh Edireweera como Ajay Chowdhury
  • Tim McInnerny como Paul Siemons
  • Chicha Amatayakul como Suda Romyen
  • Sahajak Boonthanakit como Xeneral Janthisan
  • İlker Kaleli como Vitali Hakim
  • Adam Rothenberg como Gilbert Redland
  • Mathilde Warnier como Nadine Gires
  • Supadej "Kenneth" Wongwatanaphan como Yotin
  • Ellie de Lange como Helena Dekker
  • James Gerard como Jules Dupont
  • Apasiri Kulthanan como Lawana
  • William Brand como Embaixador van Dongen
  • Chotika Sintuboonkul como Kannika
  • Ryan O'Donnell como Greg Raynott
  • Libby Jennings como Viola Raynott
  • Raphael Roger Levy como Conde Michel-Andre Jurion
  • Fabien Frankel como Dominique Renelleau
  • Stacy Martin como Juliette Voclain
  • Alice Englert como Teresa Knowlton
  • Tim McMullan como Douglas Cartwright
  • Nicole Beutler como Dagmar Boeder
  • Johan Van Assche como Otto Boeder
  • Surasak "Noo" Chaiyaat como Romyen
  • Grégoire Isvarine como Remi Gires
  • Ruby Ashbourne Serkis como Celia Austin
  • Armand Rosbak como Willem Bloem
  • Deepika Parajuli como Deusa Vivente "Kumari", Nepal
  • Dasha Nekrasova como Connie-Jo Bronzich
  • Thomas Ryckewaert como Jean Huygens
  • Alyy Khan como Naranda Nath Tully
  • Teerapat Sajakul como Tenente Coronel da Interpol Sompol Suthimai
  • Pravesh Rana como Thapa, oficial de policía nepalés
  • Darshan Jariwala como director do hotel

Notas editar

  1. "BBC One's The Serpent to premiere on New Year's Day". BBC Media Centre. 26 de novembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  2. Sutton, Megan (26 de novembro de 2020). "The Serpent starring Jenna Coleman: What you need to know". Good Housekeeping. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  3. Zemler, Emily (2 de abril de 2021). "The true story behind Netflix's newest crime drama was too bizarre for TV". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  4. "'The Serpent' Analysis & Ending – Vanity Powerful Enough to Defeat Anything | DMT". Digital Mafia Talkies (en inglés). 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar