Abrir o menú principal

The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat

The End of The Line: How Overfishing Is Changing the World And What We Eat (en galego, "O final da liña: Como a sobrepesca esta mudando o mundo e mailo que comemos") é un libro do xornalista Charles Clover sobre a sobrepesca. Clover, un editor de medio ambiente do Daily Telegraph (Londres), describe como a pesca moderna está a destruír os ecosistemas do oceano. Conclúe que o actual consumo a nivel mundial de peixe a nivel é insustentable.[1] O libro prové de datos sobre a sobrepesca en varios dos hábitats oceánicos mundiais máis críticos, coma as zonas de pesca de Nova Inglaterra, as costas do oeste de África, os terreos europeos do norte do Atlántico, e o océano ao redor do Xapón.[2] O libro conclúe con suxestións sobre como as nacións mundiais deberian comezar a pescar no océano de maneira sustentable.[2]

ReseñasEditar

Daniel Pauly, profesor de Pesca na Universidade da Columbia Británica, analizando o libro para o Times Higher Education Supplement, encomiou a obra: "Entretén, indigna e é un libro de lectura obrigada pnoara aqueles que se preocupan polo mar e os seus habitantes, ou mesmo pola nosa oferta de mariscos."[3] O xornal británico The Independent chamouno "persuasivo e desesperadamente perturbador," "o equivalente marítimo de Primavera silenciosa ...".[4]

Aínda que foi amplamente analizado no Reino Unido, o libro recibiu pouca atención nos Estados Unidos.[1] De todos os xeitos, foi destacado na portada da National Geographic Magazine.[5]

AdaptaciónEditar

O libro foi adaptado a un documental co mesmo nome, que foi publicado por Participant Media no ano 2009.[6][7]

NotasEditar

Ligazóns externasEditar