The Dandy Warhols
The Dandy Warhols é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Portland, Oregón, por Courtney Taylor-Taylor (voces, guitarra), Zia McCabe (teclados), Peter Holmström (guitarra) e Eric Hedford (batería), que deixou o grupo en 1998 e foi substituído por Brent De Boer. O seu nome é un xogo de palabra co nome do creador do pop-art Andy Warhol.
The Dandy Warhols | |
---|---|
Orixe | Portland, Oregón, |
Período | 1993-presente |
Xénero(s) | rock alternativo, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Capitol, Tim/Kerr |
Membros | Courtney Taylor-Taylor Peter Holmström Zia McCabe Brent De Boer |
Antigos membros | Eric Hedford |
Artistas relacionados | The Brian Jonestown Massacre, Pete International Airport, Immigrant Union, Logan Lynn, One Model Nation, The Upsidedown |
Na rede | |
dandywarhols.com | |
A banda gañou recoñecemento tras fichar con Capitol Records e editar o seu álbum de estrea cun gran selo, ...The Dandy Warhols Come Down, no ano 1997. En 2001 o grupo acadou novos niveis de fama grazas á súa canción "Bohemian Like You" que foi usada nun anuncio de Vodafone. The Dandy Warhols foron obxecto en 2004 do documental Dig!, xunto co grupo psicodélico de San Francisco The Brian Jonestown Massacre. A banda leva publicados dez álbums de estudio, dous recompilatorios, seis EPs e 27 sinxelos ata a data.[1][2]
The Dandy Warhols están fortemente influenciados por The Velvet Underground, The Beach Boys, Simon and Garfunkel, The Beatles, The Shadows e The Rolling Stones.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Dandys Rule, OK? | 1995 | Tim/Kerr |
...The Dandy Warhols Come Down | 1997 | Capitol Records |
Thirteen Tales from Urban Bohemia | 2000 | Capitol Records |
Welcome to the Monkey House | 2003 | Capitol Records |
The Black Album/Come On Feel The Dandy Warhols | 2004 | Beat the World Records |
Odditorium or Warlords of Mars | 2005 | Capitol Records |
...Earth to the Dandy Warhols... | 2008 | Beat the World Records |
The Dandy Warhols Are Sound | 2009 | Beat the World Records |
This Machine | 2012 | Beat the World Records, The End Records |
Distortland | 2016 | Dine Alone Records |
Why You So Crazy | 2019 | Dine Alone Records |
Tafelmuzik Means More When You're Alone | 2020 | autoeditado |
Rockmaker | 2024 | Sunset Blvd Records |
Notas
editar- ↑ "The Dandy Warhols Are Sound - The Dandy Warhols". Allmusic (en inglés). Consultado o 2024-04-22.
- ↑ Brackett, Nathan; Hoard, Christian, eds. (2004). The new Rolling Stone album guide (Completely rev. and updated 4th ed., 1st Fireside ed ed.). New York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-0169-8.